publicidade hoxe

Chega a Carballedo o autobús da campaña de apoio á Ribeira Sacra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballedoLugo
A-
A+

A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, acompañada do Alcalde de Carballedo, Julio Yebra-Pimentel, recibiu esta mañá o autobús rotulado da campaña de apoio á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade á súa chegada á Barrela, onde permanecerá ata o 14 de novembro.

García Porto destacou que a campaña está a recabar un gran número de apoios. Dende que comezou o seu percorrido pola provincia, hai algo máis dun mes, xa se levan rexistradas máis de 4.500 sinaturas, o que amosa o éxito desta iniciativa emprendida pola Deputación de Lugo. O autobús estivo nas localidades de Lugo, Monforte, Chantada, Ribas de Sil e Taboada e, trala súa parada en Carballedo, viaxará ata Paradela. O vehículo partirá despois cara o resto da provincia, e Galicia e España no 2014.

A implicación da cidadanía é fundamental para que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, encargado de presentar a proposta ante a UNESCO, se decida a favor da candidatura da Ribeira Sacra.

O autobús permanecerá na Barrela ata o día 14 de novembro, en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas, para que todos os que o desexen poidan asinar no libro oficial da UNESCO. Ademais de deixar a súa sinatura poderán atopar material promocional da campaña e información sobre a Ribeira Sacra.

13 de novembro de 2013 | 13:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.