Charla sobre a factura eléctrica na Casa das Palmeiras de Neda
A Asociación de Amas de Casa de Neda organiza este mércores, 27 de novembro, unha charla informativa baixo o título “Interpretación e lectura da factura eléctrica”. Está aberta á participación de toda a veciñanza, celebraráse na Casa das Palmeiras e dará comezo ás 17 horas.











