publicidade hoxe

“Chamádeme Eva” de Mercedes Leobalde gaña o VIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

Na Casa da Vasca tivo lugar a Cea das Letras organizada pola A. C. Caldeirón coa colaboración do Concello de Malpica de Bergantiños. Durante este acto presentouse a obra gañadora do VII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas Chamádeme Eva da escritora Mercedes Leobalde García e se deu a coñecer o fallo do xurado do VIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas.

O xurado do VIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas composto por:

1º vocal do xurado VIII Certame de Poesía Erótica “Illas Sisargas”:

 Mercedes Leobalde García,, gañadora do VII Certame de Poesía Erótica “Illas Sisargas,”

Secretario do xurado do VIII Certame de Poesía Erótica “Illas Sisargas”

 Antón Lois Noceda Carballo, Animador Sociocultural do Concello de Malpica.

Presidente do xurado do VIII Certame de Poesía Erótica “Illas Sisargas”

Francisco Quiroga López, Presidente  da A.C. Caldeirón,

Logo de ver as 15 obras presentadas e despois de deliberar sobre as características de cada unha delas, seleccionaron a que leva por título Dominio Público que resultou ser do escritor Ramón Neto, Ramón Neto nace na Illa de Arousa no 1975. Licénciase en Filoloxía Inglesa pola USC, cun último ano de estudos na universidade francófona de Bruxelas (ULB). O seu primeiro libro, A estación única dunha illa,recibe o XXII Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé no 2009 e no 2012, tras a consecución do XVI Premio de Poesía Miguel González Garcés, o poemario As lavandas adáptanse a todo erro de navegación sae editado pola Deputación da Coruña.

A obra, que alterna poemas en verso con prosas poéticas, presenta ademais un léxico rico e variado que se atreve ata coa astronomía e os corpos celestes, un calidoscopio de puntos de vista no eu lírico e frecuentes xogos cómplices co lector nos que se funden e confunden literatura e “realidade”. Todo o dito fai de Dominio público un poemario dunha gran modernidade, variado, fresco e enxeñoso sen renunciar con todo a certas referencias culturais, cinéfilas e pictóricas- e dunha notable calidade literaria.

O xurado propón igualmente unha mención para o poemario presentado co título Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter da escritora Verónica Martínez Delgado.

Ó acto asistiron entre outros  o Presidente da A.C. Caldeirón, Sr. Francisco Quiroga López e a Concelleira de Promoción Económica do Concello de Malpica de Bergantiños Sra.  María Pilar Doldán Pose.

11 de novembro de 2013 | 12:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.