publicidade hoxe

Cee conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero con diversas actividades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCee
A-
A+

 O concello de Cee en colaboración co CIM, convoca a todas as persoas a una concentración o dia 25 ás 12:00h diante do Concello para recordar a todas as mulleres mortas vítimas da violencia machista. No acto lerase o manifestó contra a violencia de xénero e daranse a coñecer as persoas gañadoras do V CONCURSO DE CARTEIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Día 26 ás 11:30h no salón de actos haberá a obra de teatro “ TACÓNS NA CORDA”, ESPECTÁCULO DE TEATRO E MÚSICA EN VIVO. Espectáculo para o alumnado dos centros escolares e aberto a todas as persoas que queiran asistir. GRATUÍTO. COMPAÑÍA VERDEVERÁS

Día 2 de decembro ás 12:00h teatro con perspectiva de xénero “I´LL BE WATCHING YOU”(Hei estar vixiándote) (ESPECTÁCULO PEDAGÓXICO, TEATRAL LÚDICO E MUSICAL QUE ANALIZA OS ROLES DE XÉNERO QUE TRASMITEN AS CANCIÓNS DE TEMÁTICA A MOROSA). PROXECTO CHÉVERE

22 de novembro de 2013 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.