Cedeira incorporou catro novos traballadores ao seu equipo cos Plans de Cooperación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira incorporou a pasada semana catro traballadores ao seu equipo. E fíxoo grazas ás axudas á contratación procedentes dos Plans de Cooperación que promove a Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia. Así, a Administración local recibía o visto e prace para o financiamento de dous programas municipais presentados.

Un deles permitirá reforzar o servizo de axuda a domicilio mediante a incorporación dunha auxiliar en réxime de xornada completa durante catro meses. O mesmo tempo, aínda que a media xornada, desenvolverán a súa actividade tres operarios. Encargaranse de executar diferentes traballos que van dende a limpeza e conservación de fontes e lavadoiros municipais ata a roza de camiños e cunetas, rebacheo de viais de titularidade local ou reparacións en beirarrúas.

20 de novembro de 2013 | 12:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.