publicidade hoxe

Castrelo de Miño non aplicará a subida do IPC e conxela todas as taxas municipais para o ano 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de MiñoLocal Portada
A-
A+

Os veciños de Castrelo de Miño verán como os seus recibos das taxas municipais non se incrementarán durante o ano 2014, ou incluso nalgún caso como o da auga se rebaixa. O pleno da localidade reunido no día de hoxe, cos votos a favor do equipo do goberno do BNG, e a abstención dos representantes do PP e do PSOE, aprobou a proposta presentada polo alcalde nacionalista do concello Xurxo Rodriguez Mendez, para conxelar as ordenanzas para o vindeiro exercizo 2014, polo que tampouco se aplicará a subida do IPC a ningunha delas. Además no pleno, o alcalde lembrou que desde a chegada ao goberno do BNG no ano 2007, non se aplicou ningún ano a subida do IPC, o que xa supón de por si, un aforro acumulado do 14,7% en todas as taxas municipais.

Salientou o alcalde, que “o concello realiza un gran esforzo para conxelar as taxas, porque en Castrelo de Miño non reducimos nin un só servizo e cada vez estamos a asumir máis competencias”. Como detallou pormenorizadamente no Pleno “o Goberno do Estado realizou máis de 30 subidas de impostos desde a chegada de Mariano Rajoy, igual que o Goberno Autonómico de Nuñez Feijóo, con máis de 18 subidas de impostos ou eliminación de servizos que recaeron nestes últimos dous anos sobre todos os galegos.

Con esta medida o goberno municipal nacionalista de Castrelo de Miño, tenta darlle un respiro de cargas impositivas para este vindeiro ano 2014 aos veciños e veciñas de Castrelo de Miño, asumindo con fondos propios municipais o incremento do IPC, ou a anunciada súbida do 34% do canon de SOGAMA na recollida do lixo, entre outros.”

Ademáis o alcalde engadiu, que “as ordenanzas conxélanse para os veciños, pero plantámoslle cara ás grandes empresas que se aproveitan do noso territorio para as súas actividades aplicándolles a estas os tipos máximos que permite a lei. Nestes intres estamos ao lado da xente que máis o necesita, e non ao lado das grandes empresas ou corporacións como fan os gobernos do Partido Popular en Galicia e Madrid”.

Modificación da ordenanza da xestión integral do ciclo da auga

Tamén foi aprobada a proposta do alcalde nacionalista Xurxo Rodriguez, cos votos a favor do BNG e do PSOE, e a abstención do PP.

Esta é unha modificación que xurde das distintas xuntanzas que o equipo de goberno mantivo con veciños e concelleiros para mellorar no posible esta taxa da auga despois do incremento obrigatorio imposto pola Xunta de Galicia co “canon da auga”, que desequilibrou os custes dos recibos.

A proposta presentada no pleno fóra previamente consensuada con todos os concelleiros da oposición en distintas xuntanzas. Con esta modificación ampliase o limite de consumo mínimo mensual de 10 a 15 m3. Con esta modificación o 87% dos usuarios pasarán a estar dentro do tramo de baixo consumo, onde o custe do metro cúbico de auga é só de 0,32€/m3. Segundo as estimacións municipais, isto suporá un aforro estimado do 12% no recibo da auga.

22 de novembro de 2013 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.