Capturan de novo ao centolo indultado no Grove que recadou fondos para Cáritas
Un mariñeiro do Grove volve a capturar o Centolo que foi indultado por Jose M. González Pérez tras a poxa do martes pasado na Praza de Abastos do Grove. A intención deste mariñeiro da Confraría de San Martiño, Antonio Rial da embarcación “Beamar”, é que se volva a subastar esta peza e que o recadado teña tamén a Cáritas do Grove como destinatario.
Semella que o centolo gañador do Concurso de Centola Viva das Xornadas da Centola quere acadar fama e prestixio ao tempo que favorece a Cáritas. A poxa desta peza será libre, o vindeiro martes 3 decembro ás 12:00 h na Praza de Abastos do Grove. Momento ata o que o centolo estará custodiado polo seu novo pescador.











