Cambre presenta a campaña de prevención contra a violencia de xénero “Recicla o Xénero”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

Por cuarto ano consecutivo o Concello de Cambre presenta a campaña de prevención da violencia de xénero “sen violencia de xénero máis felices”. Esta campaña emana do Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades do Concello de Cambre. O lema deste ano é “Recicla o Xénero”. Está enfocada á ruptura dos patróns de comportamento sexistas e sobre todo, a fomentar “novos” valores apoiados na equidade, o respecto e a non violencia.

Esta campaña está enfocada a ruptura dos patróns de comportamento sexistas e sobre todo, a fomentar “novos” valores apoiados na equidade, o respecto e a non violencia.

Con esta iniciativa trasladaremos “ao campo social” a actividade de reciclaxe dun punto limpo. Neste caso, os “residuos” serán todas aquelas crenzas e estereotipos que contribúen a desigualdade entre mulleres e homes e á violencia de xénero. Entre o alumnado de 2º da ESO e a poboación en xeral, encargarémonos de “xestionar estes residuos”, levando a cabo un proceso de reciclaxe destas ideas ofrecendo outras aleternativas dirixidas á igualdade entre os sexos e ao bo trato. Isto farase a través duns colectores instalados nas entradas dos centros educativos onde o alumnado depositará os seus residuos (frases ou ideas que teñan que reciclar”..

Nos institutos IES se levarán a cabo os Obradoiros de bo trato para o alumnado 2º da ESO, o  Concurso “Recicla o Xénero”, a gravación videoclip Recicla o Xénero, a canción de Rap recicla o xénero, a aboración dunha exposición itinerante e  o deseño dun díptico recicla o xénero

Nos colexios (CEIPS)

– Contacontos de igualdade

– Obradoiros lúdicos “Deseñemos a nosa campaña contra a violencia de xénero”

Actividades Xerais

– Colocación dun posto no campo da feira do domingo 17 de novembro

– Gravación do videoclip no campo da Feira (vídeo participativo)

– Celebración dun acto público de presentación dos traballos, entrega de premios ao alumnado con cheques agasallos a través do programa de promoción do comercio local “Ti fas Cambre” e de conmemoración do día internacional contra a violencia de xénero

13 de novembro de 2013 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.