Cambre porá en marcha unha campaña de Operación Quilo en novembro e decembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O Concello de Cambre poñerá en marcha unha campaña de Operación Quilo nos meses de novembro e decembro. O departamento de Servizos Sociais do Concello de Cambre en colaboración co programa municipal de voluntariado e de Protección Civil recollerán alimentos doados polas persoas clientes destes centros comerciais, que se atopan distribuídos polo municipio de Cambre; para posteriormente destinalos ás familias en situación de vulnerabilidade do concello de Cambre a través da Despensa Municipal de Alimentos da concellaría de Igualdade, Benestar, Sanidade e Educación. Un total de 50 persoas voluntarias atenderán os diferentes centros comerciais para informar aos clientes sobre o obxectivo da campaña e a maneira de colaborar. Co slogan “Un pouco de ti chega ás nosas familias” preténdense reforzar con alimentos de primeira necesidade e productos de hixiene persoal a Despensa Municipal de Alimentos que ve incrementada a demanda nestas datas.

A campaña se pode levar adiente grazas a colaboración coas distribuidoras comercias:

– Vegalsa – Eroski Center (A Barcala e o Seixal)

– Franquicia do Eroski City da rúa Curros Enríquez do Temple

– Gadis-Gadisa (Rúa Constitución O Temple)

– Claudio- Gadisa (Vila Cambre).

A Campaña de Operación Quilo desenvolverase nas seguintes datas, centros comerciais e horarios:

Programa de recollida:

NOVEMBRO

Venres 15 e Sábado 16.

Eroski Center O Seixal de 11:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 21:30 horas.

Eroski Center A Barcala de 11:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 21:30 horas.

Eroski City rúa Curros Enríquez O Temple de 11:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 21:30 horas.

Claudio Vila de Cambre de 11:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 21:30 horas.

Venres 29 e Sábado 30:

Eroski City rúa Curros Enríquez O Temple de 11:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 21:30 horas.

Claudio Vila de Cambre de 11:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 21:30 horas.

Gadis rúa Constitución O Temple de 11:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 21:30 horas.

DECEMBRO

Venres 13 e Sábado 14:

Eroski Center O Seixal de 11:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 21:30 horas.

Eroski Center A Barcala de 11:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 21:30 horas.

Eroski City rúa Curros Enríquez O Temple de 11:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 21:30 horas.

Gadis rúa Constitución O Temple de 11:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 21:30 horas.

14 de novembro de 2013 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.