Cambre pon en marcha o curso “Participando en consellos sectoriais”
O Concello de Cambre pon en marcha o curso “Participando en Consellos Sectoriais” que pretende facilitar a constitución de Consellos Sectoriais no concello de Cambre. O taller, que terá lugar o vindeiro 22 e 23 de novembro na sala de exposicións da Biblioteca Central de Cambre, se dirixe a persoas que participan en asociacións e outras iniciativas comunitarias de Cambre, así como a persoal técnico e a calquera persoa interesada.
O obxectivo é dar a coñecer como son desenvolvidos estes Órganos no Regulamento Orgánico de Participación Cidadá de Cambre. Doutra, reunindo ás asociacións, ao Concello e a calquera persoa interesada nunha reflexión compartida; que estableza criterios para o funcionamento dos Consellos que se constitúan en Cambre. E, finalmente, facilitando ás entidades e ás persoas a posibilidade de experimentar con distintas técnicas de traballo colaborativo. Os Consellos Sectoriais de Participación son Órganos de carácter informativo, consultivo e de formulación de propostas; que canalizan a participación cidadá na xestión dos Sectores ou Áreas da actividade Municipal.
Estes Órganos teñen un papel moi relevante no Regulamento Orgánico de Participación Cidadá de Cambre; aprobado por unanimidade polo pleno da Corporación celebrado o 20 de maio de 2011. O Concello quere avanzar no desenvolvemento deste Regulamento nos próximos meses, a través da constitución do Consello Sectorial de Benestar Social e do Consello Xeral de Participación Cidadá. O Docente encargado do curso, Jorge Fente Balsa é sociólogo de formación. Ten desenvolvido gran parte da súa traxectoria profesional no deseño e facilitación de procesos participativos no ámbito das políticas Públicas











