Cambre mellora a acústica dos locais de ensaio
O departamento de Xuventude mellorou recentemente a acústica dun dos locais de ensaio gracias a subvención do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), que se destina ao equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais. A mellora consistiu en eliminar a moqueta existente e colocar no chan do local de ensaio un sistema de tarima flotante de alta densidade, (apropiada pola súa gran resistencia aos impactos, a súa solidez e a facilidade de limpeza), a cal foi instalada sobre dúas capas de material especial acústico, deseñado para a absorción óptima das vibracións producidas pola placa, evitando así gran parte das ondas estacionarias molestas. Este material, polas súas propiedades, contribúe á insonorización. Segundo o edil de Xuventude, Fernando Caride, a obra evitará aos grupos molestias que antes percibían “consecuencia da moita vibración e do rebote dos sons”, apuntó.
Unha vez realizada esta primeira parte da obra procedeuse a realizar os ensayos acústicos necesarios para á determinación da cantidade de trampas de graves necesarias que e preciso colocar, deseñadas medida para este tipo de salas e para frecuencia determinadas, para eliminar completamente o problema das estacionarias en graves. Logo se colocaron uns elementos de acondicionamento acústico, tipo Acustikell y reflectores acústicos.
Tamén se cambiaron as luminarias flurorescentes de superficie, xa que as existentes pola súa morfoloxía, (teñen lamelas de aluminio que conforman a carcasa dos fluorescentes cunha holgura natural, que provoca que cando un instrumento coma un baixo ou un bombo produza són, vibren molestamente) son extremadamente sensibles a vibracións por presión sonora, por outras catro menos sensibles as vibracións.











