Cambios no tráfico por obras nas rúas coruñesas
A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa dos cambios de tráfico que se producirán con motivo das seguintes obras:
– Reparación da arqueta de R na rúa Panaderas. Durante a noite do luns, 25 de novembro, ao martes, día 26, entre as 23.40 horas e as 05.00 horas, será necesario o corte de carril en dirección á praza de España, habilitándose dobre sentido con sinais na praza Pintor Sotomayor.
– Pintado de báculos en Sánchez Bregua e Cantón Pequeno. Mañá, mércores 20 de novembro, en horario de 08.30 a 11.30 horas, será necesario o corte de carril dereito en dirección entrada á cidade. En todo momento quedarán dous carrís libres no mesmo sentido. O horario da actuación será de 08.30 a 9.30 horas á altura do número 15 do Cantón Pequeno; de 09.30 a 10.30 horas xunto ao númeo 5 do Cantón Pequeno; e de 10.30 a 11.30 horas á altura do número 5 de Sánchez Bregua.
– Mantemento de válvulas de Gas Galicia. Mañá, mércores 20 de novembro, será necesaria a ocupación parcial de carrís nas seguintes situacións para a realización de tarefas de mantemento de válvulas: rolda de Nelle con avenida de Finisterre, Alcalde Pérez Ardá e Rúa Cabaleiros con avenida Monelos. O horario estimado é de 10.00 a 11.30 horas.
– Instalación de iluminación do Nadal. Entre mañá, mércores 20 de novembro, e o próximo domingo, día 24, será necesaria a ocupación de carrís durante o tempo que dure a colocación da iluminación nas seguintes rúas: avenida Xeneral Sanjurjo (mércores 20 de novembro, de 08.00 a 15.30 horas, con ocupación dun carril); A Gaiteira (mércores 20 de novembro, de 13.00 a 18.30 horas); Sagrada Familia (xoves 21 de novembro, de 08.00 a 15.30 horas e de 13.00 a 18.30 horas o tráfico será desviado por rúas paralelas); Eirís e Orzán (venres día 22, de 08.00 a 15.30 horas, e de 13.00 a 18.30 horas o tráfico será desviado por rúas paralelas); Juana de Vega e avenida de Hércules (sábado día 23, entre as 08.00 e as 15.00 horas; require de ocupación de carril esquerdo e corte dunha hora do carril de saída, desviándose a circulación por Durán Loriga entre as 09.30 e as 10.30 horas); rúas da Torre, Miguel Servet e San Vicente de Paul (domingo 24, entre as 08.00 e as 15.00 horas, cortarase a rúa da Torre dende a rúa Marconi ata a praza de España deixando paso aos buses urbanos).











