Cambios na circulación por obras no centro da cidade
A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa dos cambios que se producirán na circulación con motivo das seguintes obras:
– Abasto de vigas na Terceira Rolda. Mañá, xoves 14 de novembro, e o venres día 15, en horario de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 18.00 horas, será necesaria a ocupación do carril dereito en sentido avenida de Alfonso Molina, quedando o carril esquerdo libre no mesmo sentido para a entrada e manobras de vehículos con vigas metálicas para ser acopiadas na parcela anexa á avenida Lamelas.
– Instalación de iluminación do Nadal. Con motivo da instalación da iluminación do Nadal, entre os días 14 e 18 de novembro, en horario de 07.00 a 170.00 horas, será necesaria a ocupación do carril dereito, durante o tempo que dure a instalación, nas seguintes rúas: Pablo Picasso, Salvador de Madariaga, Pedralonga, Liñares Rivas, Monelos, zona de praza de Lugo e zona de Fernando Macías.
– Despregamento de cable de fibra óptica na avenida de Finisterre, dirección saída da cidade na zona Fonte Nova. Entre o 15 e o 22 de novembro será necesaria a ocupación do carril esquerdo da citada vía, deixando libre o carril dereito para a circulación de vehículos.
– Remodelación da rúa Enrique Dequidt. É necesaria a realización dun cruzamento de calzada á altura da conexión da rúa Enrique Dequidt coa avenida de Arteixo, polo que se autorizou o corte total do tráfico dese tramo o próximo sábado, 16 de novembro, entre as 08.30 e as 13.30 horas. A alternativa de tráfico será continuar por Enrique Dequidt – Pla e Cancela – Juan Castro Mosquera. Esta obra non afecta ao acceso dende a avenida de Arteixo cara a Enrique Dequidt.
– Reparación de arqueta de R na avenida de Monelos. O próximo martes, 19 de novembro, entre as 10.00 e as 15.30, será necesaria a ocupación dun dos dous carrís de baixada da avenida de Monelos, esquina rúa Calesa.











