Cambios na circulación por obras nas rúas da cidade
A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa dos cambios de circulación que se producirán na cidade:
– Con motivo das obras de reparación de rede de sumidoiros na avenida de Monelos producirase un desvío do tráfico, retirando vehículos estacionados e cambiando á beirarrúa de en fronte o tránsito de peóns. As obras comezarán o 5 de novembro ás 09.30 horas e finalizarán o día 6 ás 18.30 horas.
– As obras de canalización de saneamento na estrada de Nostián ampliaranse ata o próximo 20 de novembro, producíndose un corte no carril esquerdo (saída do polígono) dende a rotonda de Meicende á intersección coa rúa Santiago de Compostela. A entrada ao polígono realizarase de xeito habitual dende a rotonda de Meicende. A alternativa de desvío será pola estrada de Nostián cara á planta de butano, cortándose a saída do polígono cara á rotonda de Meicende.
– Ademais, o próximo mércores, 6 de novembro, comezarán as seguintes actuacións:
. Con motivo da poda, recorte e limpeza das enredadeiras na zona axardinada da praza de Vigo, ocuparanse dous espazos de aparcadoiro de 09.30 a 12.00 horas.
. Debido ás obras na beirarrúa da rúa Francisco Pérez Carballo, a partir das 08.00 horas, cortarase a beirarrúa -habilitando paso peonil fóra da obra- e o de dous carrís de circulación en xornada laboral e un fóra do horario laboral. En todo momento se manterán un ou dous carrís habilitados. A actuación finalizará o próximo 5 de decembro ás 19.00 horas.
. Con motivo das obras de canalización de pluviais e residuais na rúa Jose L. Pérez Cepeda desviarase o tráfico, ata o día 8 ás 20.00 horas, nas rúas José L. Pérez Cepeda e Rey Abdullah para executar os traballos sen afectar á circulación nas vías. As obras finalizarán o día 8 ás 20.00 horas.











