Cambios na circulación por obras nas rúas da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa dos cambios na circulación que se producirán con motivo das seguintes obras:

-Entre as 08.00 e as 20.00 horas do mércores, 13 de novembro, realizarase o tendido de cable de fibra óptica por acceso a Eirís dende a entrada da estrada de circunvalación, rúa Tulipanes, avenida Salvador de Madariaga e rúa Antonio Machado. Na avenida Salvador de Madariaga ocuparase o carril de circulación esquerdo, quedando outro libre no mesmo sentido entre as 10.00 e as 12.00 horas.

-Obras de reposición de pavimento de formigón na rúa Biscaia. Será necesaria a ocupación da calzada da rúa Biscaia entre Oidor Gregorio Tovar e a rúa Asturias, habilitándose a circulación de vehículos pola zona de estacionamento. A obra realizarase entre o 13 e o 29 de novembro.

11 de novembro de 2013 | 11:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.