Cambios de circulación por obras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa dos cambios de circulación que se producirán con motivo das seguintes obras:

– Fresado e reposición de asfalto na rúa Joaquín Cotarelo, avenida de Cádiz e praza da Milagrosa. Será preciso o corte parcial destas vías, deixando un carril de circulación libre en cada sentido. A obra iniciarase mañá, venres 8 de novembro, ás 16.00 horas, e finalizará o sábado día 9.

– Fresado e reposición de asfalto na avenida García Sabell, dende a glorieta das pontes xemelgas ata Matogrande. Será preciso o corte total dese tramo de vía entre as 24.00 de hoxe e as 07.00 horas de mañá, venres 8 de novembro.

7 de novembro de 2013 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.