Cambios de circulación por obras en diferentes rúas da Coruña
A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa de cambios de circulación por diferentes obras:
-A remodelación da rúa Cuba obriga a cortar o tráfico nesta vía, entre as rúas Pascual Veiga e Entrepeñas, sendo a alternativa a través de Vila de Negreira. Os cambios de tráfico empezan hoxe e finalizan o 5 de decembro.
-debido aos traballos de canalización de Unión Fenosa na rúa Tulipanes ocuparanse as zonas de estacionamento ata o 29 de novembro.
-Hoxe, ata as 14.00 horas, realizaranse tarefas de mantemento de válvulas por parte de Gas Galicia en Rúa Nueva, Menéndez Pelayo, Manuel Murguía-Paseo de Ronda, Rolda de Nelle á altura do número 42, Rolda de Nelle con Pla e Cancela, Alcalde Pérez Ardá, Enrique Dequidt, Joaquín Planells, Lugar de Mesoiro e Estrada de Feáns.
-Hoxe, entre as 10.00 e as 12.30 horas, será necesario o corte parcial de tráfico en Galileo Galilei con Severo Ochoa -manténdose un carril de paso- por cambios na rede semafórica.
-Entre as 22.00 horas do 10 de novembro e as 07.00 horas do día 11 realizarase o tendido de cable de fibra óptica a Eirís dende a estrada de circunvalación, Sebastián Martínez Risco, Juan Díaz Porlier, Enrique Mariñas e rúa Lamelas. Na rúa Sebastián Martínez Risco ocuparase un carril de circulación, dándose tráfico alternativo con sinais de obra; nas demais vías afectadas manterase un carril libre no mesmo sentido de circulación.











