“Cachete” proclámase vencedor da V Liga de Tripulacións J80

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesDeportes Portada
A-
A+

O pasado fin de semana o Real Club Náutico Da coruña organizou a quinta edición da LIGA DE TRIPULACIÓNS, que se navegou en 4 embarcacións iguais tipo J80.

Esta é unha peculiar regata organizada polo club coruñés, no que navegan tripulacións de cruceiro en embarcacións monotipos J80s. As regatas son en tempo real e non hai compensación de tempos.

A regata comezou o domingo a primeira hora da mañá coa disputa da primeira semifinal, na que participaron o “Zamborela” patroneado por Pepo Nieto, “Golafre” patroneado por Benito Calvo, “Araucaria” patroneado por Joaquín Cobelo e “Fazula” patroneada por Francis. Pasando á final a “Fazula” con 3 puntos (2-1), e o “Golafre” con 4 puntos (3-1). A segunda semifinal celebrouse seguidamente e participaron o “Gómez” patroneado por Andrés Soto, “Saiola” patroneado por César, “Argallán” patroneado por Domingo Plana e “O Grande Avrego” de Kiko González. Con autoridade “O Grande Avrego” paso á final con dúas vitorias, acompañado polo “Saiola” que sufriu para clasificarse pero se coou na final por diante do “Gómez”.

A final celebrouse ao mellor de dúas probas cunhas condicione perfectas para navegar, con vento do oeste 7-14 nós e mar chairo, celebrando unhas probas moi disputadas e con continuos cambios na cabeza. Na primeira proba non podían empezar mellor as cousas para “Fazula”, que se mostrou moi regular, aínda que seguido por “O Grande Avrego”. Na segunda proba da final viraba en barlovento o “Grande Avrego” aínda que un problema co spinnaker o relegou á 4ª praza na proba, que sería de novo para a “Fazula. Desta forma, o vencedor final sería a “Fazula” con 2 puntos (1-1), 2º clasificado o “Golafre” con 5 puntos (3-2), 3º clasificado “O Grande Avrego” con 6 puntos (4-2) e 4º clasificado “Saiola” con 7 puntos (4-3).

Ao finalizar a regata, celebrouse a comida de confraternización con todas as tripulacións. O momento perfecto para comentar todo o acontecido durante a xornada.

12 de novembro de 2013 | 10:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.