publicidade hoxe

Cabanas acolle a segunda sesión de Tempo de Familias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

Este próximo xoves, 21 de novembro, terá lugar a segunda sesión da actividade “Tempo de Familias. Compartindo Experiencias” que organiza o Concello de Cabanas a través dos seus Servizos Sociais e o seu programa de Educación Familiar. Esta actividade está dirixida a familias con bebes e nenos e nenas con ata cinco anos de idade. O lugar escollido para esta será o Antigo Concello de Cabanas, ás 17:00 horas. Esta sesión levara por título “Imos educar persoas extraordinarias”.

Con esta actividade búscase sobre todo asesorar ás familias e responder as súas dúbidas, facendo entender que os primeiros anos son fundamentais na formación da persoa e a importancia de facer unha estimulación axeitada en cada unha das fases do crecemento. Nas diferentes sesións que se realizarán ó longo do curso, ofreceráselles ás familias ideas, recursos e ferramentas que sirvan para dar apoio e reforzar ás persoas que se ocupan da crianza dos nenos e nenas.

Aquelas persoas que estivesen interesadas en participar neste programa inda teñen tempo de formalizar a súa inscrición ou recadar máis información. Para iso non teñen máis que poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Cabanas no teléfono 981 49 59 59 extensión 2.

19 de novembro de 2013 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.