Brión contará cun magosto e unha chocolatada gratuíta na carballeira de Santa Minia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBriónCalendario
A-
A+

O Concello de Brión, en colaboración coa asociación de mulleres Xuntanza, organiza mañá venres o seu tradicional magosto e chocolatada, que terá lugar a partir das 19:00 horas na carballeira de Santa Minia. Unha festa na que tanto as castañas como o chocolate con churros serán totalmente de balde para todos os asistentes, que tamén poderán disfrutar da actuación dun grupo de música tradicional. A maiores, na zona haberá instalada unha polbeira, cuxas consumicións correrán a cargo de cada cliente.

28 de novembro de 2013 | 12:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.