publicidade hoxe

Baltar e Concello de Lobios analizan temas termais, de medio ambiente e infraestruturas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLobiosOurense
A-
A+

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe no Pazo Provincial, dentro da rolda habitual de encontros que ven mantendo cos alcaldes da provincia de Ourense, con nove rexedores locais, entre eles coa alcaldesa de Lobios, María de Carmen Yáñez, (xúntase foto), con quen abordou temas de ámbito termal, referidos ao río Caldo e ao Plan Termal – Yáñez é presidenta do apartado de Vilas Termais dentro da Federación Española de Municipios e Provincias-, así como de medio ambiente e infraestruturas viarias do municipio de Lobios. Tamén analizaron na xuntanza proxectos de carácter cultural e posibles actuacións que se poderán contemplar para este concello dentro dos orzamentos da Deputación de Ourense para 2014.

21 de novembro de 2013 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.