Auryn suspende o seu concerto no Teatro Jofre por problemas de axenda
O grupo Auryn suspende o seu concerto en Ferrol, que xa fora aprazado para o vindeiro día 30 de novembro con respecto á data inicial do sábado 16 debido a que o grupo argumentou que un dos seus membros se atopaba hospitalizado en Inglaterra. A produtora do concerto incluso ofrecera ao grupo a posibilidade de que actuarán catro dos seus cinco compoñentes, como xa acontecera nun concerto celebrado en Málaga, pero a proposta non foi adiante. A Administración ferrolá reclamou á produtora un certificado médico que acredite a enfermidade dun dos membros da banda, que a día de hoxe non foi presentado.
Ademais, consideráronse diferentes alternativas en canto as datas do concerto. Así, o Concello propuxo que Auryn actuara o día 8 de decembro, proposta denegada alegando problemas de axenda dos membros da banda.











