Atletas, clubes e promotores poñen en valor a Carreira San Martiño con máis de 11.000 inscritos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Sala Azul do Auditorio Municipal acollerá esta tarde, a partir das 18 horas, un acto que congregará a atletas profesionais e populares e representantes de clubes de atletismo, no que porán en valor a Carreira San Martiño, e animarán aos máis de 11.000 inscritos a que asistan o domingo e desfruten durante o percorrido da proba.

No acto está prevista a participación de:

– Ángel Fidalgo, Secretario e Director Técnico da Delegación de Ourense da Federación Galega de Atletismo.
– Julio Fernández, promotor da primeira Carreira San Martiño e organizador das 12 primeiras edicións.
– José Antonio Paz, atleta que cumplirá este ano as vodas de prata na competición, con 25 anos correndo na proba.
– Alejandro Fernández, atleta internacional ourensano, vencedor da San Martiño 2012. (en caso de que non puidera asistir, o faría o seu entrenador, Santiago Saco).
– Yolanda Gutiérrez, atleta galega, 10ª clasificada no prestixioso maratón de Berlín 2013. Reside, traballa e adestra en Ourense.
– Sonia Teijeiro, atleta ourensana, campiona do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” 2013.
– José Antonio Álvarez, presidente do Clube Ourense Atletismo.
– Lalo Gómez, presidente do Clube Deportivo Aurum.

Récord de inscritos

A Carreira San Martiño vén de acadar o récord de inscritos na súa historia, chegando aos 11.078 corredores. Así, un total de 5.789 adultos, 3.596 nenos nados entre 1997 e 2004, e 1.693 cativos nados a partir de 2005 formalizaron a súa inscrición, nunha proba que por primeira vez terá tres categorías.

A saída da popular proba terá lugar o domingo a partir das 11 h. para a categoría absoluta (10.000 metros), ás 12:30 h. para o circuíto de escolares (4.700 metros), e ás 13 h. para a categoría de pitufos (1.400 metros).

A recollida de chips e dorsais será o venres día 15, entre as 16 e as 20 h., e o sábado día 16, de 9 a 20 h na cancha central do Pavillón dos Remedios.

Condicións climatolóxicas favorables

Segundo indican as páxinas web de predicción meteorolóxica, o bo tempo vai acompañar durante o transcurso de toda a proba (entre as 10:30 e as 14 h. do domingo). Segundo as prediccións, estímanse temperaturas suaves e baixas probabilidades de precipitación. Así, agárdase unha temperatura mínima de 8 graos e máxima de 15, o que permitirá aos deportistas gozar da circuíto no seu máximo esplendor.

14 de novembro de 2013 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.