Asínase o contrato de obras para o soterramento de infraestruturas eléctricas na parroquia de Sofán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+
Sinatura do contrato

Sinatura do contrato

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e representantes de Hidroeléctrica de Laracha SL veñen de asinar na Casa do Concello o contrato administrativo para a realización das obras de “Soterramento de infraestruturas eléctricas na Piña, parroquia de Sofán”, unha actuación co financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Trátase dun proxceto emprendido pola agrupación dos concellos de Carballo e A Laracha e que foi adxudicada por un importe de 108.344,03 euros, IVE incluído. A subvención concedida é de 100.000 euros, dos que 89.997,10 euros correspóndenlle ao Concello carballés e 10.002,90 ao Concello da Laracha.

O prazo de execución do proxecto é de tres semanas a contar dende o sía seguinte ao da sinatura da acta de comprobación de replantexamento. Non é o único proxecto que emprenderon este exercicio de maneira conxunta os concellos de Carballo e A Laracha, xa que polo mesmo procedemento realizáronse os traballos de “Mellora dos accesos ao Parque Empresarial da Laracha desde a estrada provincial DP-1909”. Nese caso, as obras consistiron na realización dunha mellora integral dos 2.814 metros de lonxitude da estrada que comunica A Xesteira (A Laracha, no acceso ao parque empresarial) con Castelo (Carballo, parroquia de Vilela). No acto de sinatura tamén estivo presente o Concelleiro de Obras e Servizos Luís Lamas.

29 de novembro de 2013 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.