publicidade hoxe

Asamblea da Asociación de Emigrantes Retornados Ulla Umia en Caldas de Reis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de Reis
A-
A+

Mañán xoves día 14 de novembro ás 20:00 horas terá lugar, no Auditorio Municipal de Caldas de Reis, unha nova asamblea da Asociación de Emigrantes Retornados Ulla Umia. Entre os puntos da orden do día está a organización dunha nova concentración fronte a Subdelegación do Goberno de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra o vindeiro martes día 26 de novembro. Así mesmo tamén se informará aos socios da reunión con Pedro Puy que tivo lugar o pasado luns no Parlamento de Galicia.

13 de novembro de 2013 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.