As últimas entradas para a proxección de “El libro de la selva” e “The artist” poden recollerse no Salón García

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Quen desexe á proxección de cine no Salón García, este domingo, en dobre sesión, infantil e de adultos, poderá recoller a súa entrada na mesma sala antes do inicio da proxección.

A sesión infantil comezará ás 17:00 horas. Trátase da película “El libro de la selva”, que acaba de ser remasterizada para celebrar os seus 40 anos.

Pola súa banda, na sesión de adultos proxectarase “The Artist”, un film mudo que en 2012 obtivo o Óscar á mellor película. Esta sesión comezará ás 19,30 horas. Como preámbulo proxectarase tamén o documental sobre o Salón García, cunha duración de 15 minutos.

16 de novembro de 2013 | 15:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.