As pistas do Casino Tenis Club acollen o I Torneo de Pádel benéfico a favor de Affinor “Memorial Jesús Prieto”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrol
A-
A+

A concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, presentou esta mañá o I Torneo de pádel benéfico a favor de Affinor “Memorial Jesús Prieto” que se celebrará do 23 ao 30 de novembro nas instalacións deportivas do Casino Tenis Club. A edil ferrolá estivo acompañada da directora do torneo, Lucía Cortizas.

A edil de Deportes, Susana Martínez, sinalou a gran importancia que acadou o pádel en toda a comarca de Ferrol “onde o número de practicantes crece cada día”. Así mesmo, explicou que todos os fondos recadados no evento irán destinados á Asociación de Fibromialgia e Fatiga Crónica do Noroeste (Affinor).A proba se disputará tanto en categorías masculinas como femininas.

Pola súa banda, a director do torneo, Lucía Cortizas quixo agradecer a colaboración do Concello de Ferrol “xa que aportan todos os trofeos que serán entregados aos gañadores”. Ademais, tamén explicou que as prazas para participar será limitadas a 64 parellas masculinas e 32 femininas, aínda que como as modalidades femininas xa están cubertas “poderán seguir inscribíndose porque se trata dun campionato benéfico e de promoción do deporte”.

Así, os interesados en formalizar a súa inscrición poderán facelo, ata o vindeiro día 20 ás 21:00 horas, enviando un correo electrónico a: higiniorivas68@gmail.com ou chamando ao teléfono: 669 047 610.

12 de novembro de 2013 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.