“As noites en capela” achegan a Ferrol o novo espectáculo musical de Josito Porto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, continúa en novembro co ciclo de “As Noites en Capela”, que todos os xoves do mes e a partir das 21:00 horas ten lugar no auditorio do Centro Cultural Municipal Torrente Ballester. Así, maña, xoves 7, esta oferta cultural continúa co novo proxecto musical do cantautor Josito Porto, Factoría de Subsistencia. A entrada pódense adquirir de maneira anticipada no despacho do Teatro Jofre ou a través da páxina web: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).

Josito Porto, coa colaboración de Anxo Graña, presentará o espectáculo musical Factoría de Subsistencia que define como “un mundo cheo de ritmo e bo humor, pesadelos sonoros que non me deixaban descansar”. Os temas integrados neste proxecto “voaban entre as circunvolucións do meu cerebro dende a época de Korosi Dansas e que conviven coa influenza de Magritte” explica Porto.

Así mesmo, as vindeiras actuacións do ciclo “As Noites en Capela” son as seguintes:

– día 14: “Narf”

– día 21: “Davide Salvado

– día 28: “Rubén Artabe

6 de novembro de 2013 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.