As avarías na estación de bombeo de A Torre, en Chaín, serán informadas por un sistema de aviso por SMS

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal Portada
A-
A+

O Concello de Gondomar ven de instalar un novo sistema de avisos de avarías mediante mensaxes de texto no bombeo do barrio de A Torre, na parroquia de Chaín.

Este sistema de avisos por mensaxes SMS, alertará de forma inmediata aos operarios de calquera avaría na estación de bombeo, polo que lles permitirá chegar ao lugar e reparar o fallo na maior brevidade posible.

O custo deste servizo será unicamente o das mensaxes, uns 10 euros anuais, xa que a liña telefónica utilizada pertence ao Concello, ao contrario do sistema anterior instalado polo ex goberno do concelleiro non adscrito Antón Araujo, o cal estaba contratado a través dunha empresa externa que facturaba uns 1800 euros anuais.

Juan Carlos González, concelleiro de Medio Ambiente, cualifica este novo sistema como un grande avance que, “ademais de axudar a mellorar o funcionamento desta estación, nos permitirá economizar o gasto”.

25 de novembro de 2013 | 12:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.