As augas de Canelas, Campanario e Preguntoiro obteñen o nivel “excelente” e A Concha-Compostela soben a “suficiente”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Concellería de Medio Ambiente vén de recibir a comunicación do Servizo de Saúde Pública do Sergas no que se informa do nivel de calidade das augas que obtiveron ao longo de 2013 nas zonas de baño do municipio. Os resultados son os máis altos para as praias de Canelas, Campanario e Preguntoiro, que obteñen a cualificación de “excelente”, e melloran os de A Concha-Compostela que obteñen o “suficiente”.

Etas cualificacións refírense a todo ao no 2013 xa que se adoptan tras a realización ao longo do ano dun total de 36 mostras (35 no caso do Preguntoiro) realizadas en cada un dos areais en diferentes semanas do ano.

O concelleiro de Medio Ambiente, Jesús Longa, valorou moi positivamente as cualificacións xa que mantense a “excelencia” na praia do Campanario (Bamio) que o pasado verán contou coa súa primeira bandeira azul. A máis elevada cualificación obteñen tamén os areais de Canelas e do Preguntoiro, que mellora resultados respecto ao ano anterior. O edil considera moi significativo o aprobado que reciben as augas da Concha-Compostela, que despois do “insuficiente” rexistrado en 2012, acadan este ano a cualificación de “suficiente”. Longa cree que nesta sensible melloría poden ter que ver as melloras que se comezaron a realizar para poñer fin aos vertidos, como as actuación nos bombeos e a nova canalización do regato da Concha. O responsable de Medio Ambiente confía en que esta evolución positiva continúe nos vindeiros anos coa execución de obras xa proxectadas, como a reparación e limpeza do sumidoiro submarino da Conchas, ou as que está previsto realizar a través do Plan Local de Saneamento das Rías que financia a Xunta.

25 de novembro de 2013 | 12:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.