As áreas biosaudables da cidade olívica elévanse a 46 co parque da Bouza

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

O rexedor supervisou as obras de remodelación que se veñen de acometer no Parque de A Bouza, coa posta en marcha dunha nova área biosaludable. Dez elementos para practicar exercicio que “veñen a cubrir unha grande demanda cidadá” dixo Caballero ao tempo que avanzou que tamén se colocarán bancos. Durante a visita, lembrou que nestes momentos hai 46 áreas biosaudables na cidade, que se complementan con dúas zonas deportivas no Castro e Castrelos. “Cando chegamos ao goberno había un so parque biosaudable”, destacou o rexedor.

13 de novembro de 2013 | 16:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.