As Amas de Casa de Neda celebran o seu Magosto na Toeleira
A Asociación de Amas de Casa de Neda invita a todas as súas asociadas a participar mañá mércores, 21 de novembro, na súa celebración do Magosto. Unha cita fixa no calendario da entidade que arrancará ás seis da tarde na súa sede, ubidada no Edificio Municipal da Toeleira. Na mesma degustaránse castañas asadas e tamén outros postres típicos destas datas.
Así mesmo, a presidenta da asociación, Fina Costa, lembra a todos os veciños e veciñas que a entidade volve un ano máis a colaborar co Concello de Neda na Campaña solidaria de recollida de alimentos. Así, as persoas interesadas en participar pode realizar as súas entregas no local social das amas de casa os luns, martes e xoves, entre as 16,30 e as 19,30 horas. Nesta liña, confiou en que a resposta sexa tan positiva como en edicións pasadas e agradeceu a colaboración de todas as socias.











