publicidade hoxe

As actuacións de mellora no camiño natural do Cantábrico contan cun investimento de 900.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFozLugo
A-
A+

A directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, xunto co delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, visitou o Camiño Natural do Cantábrico en Lugo, ao seu paso pola localidade de Foz.

As obras no Camiño Natural do Cantábrico en Lugo, que dispoñen dun orzamento de 900.000 euros, están incluídas no convenio de colaboración entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para a posta en valor da Rede de Camiños Naturais en Galicia.

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, levou a cabo a redacción do proxecto de mellora e a xestión dos permisos necesarios para as actuacións.

O Camiño discorre ao longo da Costa de Lugo desde o seu extremo oriental en Ribadeo ata o seu límite occidental no Vicedo. Os espazos polos que discorre a ruta son fundamentalmente camiños públicos de acceso ás explotacións agrícolas e forestais, de acceso ao mar, estradas locais que conectan os múltiples núcleos de poboación da zona e paseos marítimos.

Segundo explicou a directora de Conservación da Natureza “esta iniciativa considérase un motor de cara a fomentar o potencial endóxeno local facilitando o acceso e poñendo en valor o rico patrimonio natural, etnográfico e histórico da costa luguesa”.

Actuacións

Estes traballos, que comezaron o 30 de setembro, teñen unha previsión de finalización no ano 2015. As actuacións iniciáronse co arranxo de firmes en todas as etapas do camiños, ao seu paso polos concellos de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro e Vicedo.As actuacións para o camiño natural clasifícanse en lineais e puntuais. Entre as lineais, cómpre salientar accións sobre as trazas que requiren desbroces, movementos de terras e actuacións en firmes. No que se refire ás puntuais, cabe citar a substitución dun cano por dous marcos prefabricados de 2×2 metros, colación de dúas pasarelas, chapado en pedra do paramento dun dobre cano e reconstrución de muros antigos derruídos.

22 de novembro de 2013 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.