Arranxo das beirarrúas da avenida de Cambados e do acceso á escola infantil
O Concello desenvolve estes días varias actuacións de mellora da accesibilidade. Trátase de arranxos en beirarrúas que se atopan en mal estado que rexistran un elevado tránsito de peóns. Os traballos que están a desenvolver os operarios do servizo de Obras comezaron hoxe na avenida de Cambados e nos accesos á escola infantil municipal da Lomba.
A actuación na Avenida de Cambados afecta ao tramo de beirarrúa situado despois dos chalés situados despois do semáforo do cruce ao Piñeiriño e a rotonda de Pablo Picasso. A beirarrúa percorre o borde dun solar situado a máis baixo nivel, polo que coa erosión producida polas chuvias, o firme vai vencendo. Dado que se trata dunha beirarrúa estreita e dunha calzada cunha densidade de tráfico moi elevado, o departamento que dirixe Ana Granja decidiu actuar coa maior urxencia.
A outra actuación é a mellora das beirarrúas do acceso á escola infantil municipal da Lomba dende Doutor Tourón. Estas beirarrúas están moi deterioradas, con tramos afundidos, o que dificulta o tránsito dos cochiños e cadeiras dos bebés usuarios do centro.











