Arranca o Curso de Coidador Sociosanitario promovido por AFAL con todas as prazas cubertas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

As instalacións de AFAL Ferrolterra na rúa Río Castro de Ferrol acollen dende o pasado luns o Curso de Coidador Sociosanitario de Persoas Dependentes. Unha acción formativa recoñecida de interese sociosanitario polo Sergas que puntúa de cara á obtención do certificado de profesionalidade e que está acreditada pola Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría. Vinte e cinco persoas participan nesta, o número máximo establecido de cara a facilitar unha correcta formación.

A presidenta da entidade, Milagres Prieto, explica que o seu obxectivo é dotar os coidadores da información, coñecementos e habilidades necesarias para desenvolver de forma eficaz o seu papel. Así mesmo, sinala que busca mellorar a autoestima dos coidadores principais e proporcionarlles información sobre recursos sociosanitarios. Organizado por AFAL Ferrolterra coa colaboración do Sergas, o curso está impartido por un equipo multidisciplinar integrado por Silvia Loureiro (logopeda), Rita Touza (psicóloga), Alba Romeiro (educadora social), Noelia Ríos (terapeuta ocupacional), Iria Abad (traballadora social), Jesús Victoria (pedagogo) e Araceli Prieto (enfermeira). De 30 horas de duración, está estructurado en dous módulos formativos entre o 18 e o 29 de novembro.

20 de novembro de 2013 | 16:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.