publicidade hoxe

Ares dispón dun novo parque infantil e biosaúdable xunto ao centro social e de ensaio de Lubre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAres
A-
A+

O Concello de Ares xa dispón dun novo parque infantil e biosaúdable no municipio, nomeadamente xunto ao tamén recentemente recepcionado centro de ensaio e local social de Lubre (antiga escola).

Como informou a concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, a empresa Jardinería Arce foi a encargada de executar estes traballos, cuantificados en arredor de 24.700 euros, que recibiron unha subvención de Agader a través de Costa Noroeste.

O parque infantil e biosaúdable de Lubre, que se enmarca dentro do programa de actuacións iniciadas xa no anterior mandato do socialista Julio Iglesias para dotar a todas as parroquias e lugares do municipio de espazos de lecer e esparcimento aptos para pequenos e maiores, consta de elementos accesibles para persoas con discapacidade e mobilidade reducida, o que o convirte nun lugar único na zona.

En concreto, o parque dispón, ademais dunha rampa de acceso e dun chan con baldosas de seguridade a base de caucho reciclado, dun columpio e un tobogán para as e os máis pequenos e unha máquina de traballo de dorsais e outra de estiramentos para persoas con mobilidade reducida. A actuación completouse coa colocación de bancos, papeleiras de madeira e unha mesa de picnic, ademais dun cartel informativo e dunha farola.

Nestes anos de goberno socialista instaláronse parques infantís en Cervás, Chanteiro, As Miranda (zona do Porto), Redes, campo de fútbol de Prados Vellos e vivendas sociais Cortiñas Gil. Ademais, procedeu á mellora e ampliación do parque municipal Rosalía de Castro. En canto aos biosaúdables, executáronse no parque Rosalía, en Saavedra Meneses –xunto ao Club de Remo-, en Cervás, Chanteiro e Redes –nestes casos, no entorno dos seus respectivos centros sociais-.

8 de novembro de 2013 | 13:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.