Ares abre o prazo dun mes para regularizar os locais e vivendas que non tributaban pola recollida de residuos
O Concello de Ares informa de que ten iniciada a revisión de oficio das vivendas e locais que non tributan polo Imposto de recollida de residuos sólidos urbanos. A este respecto, co obxecto de evitar molestias futuras e posibles recargos innecesarios ás e os veciños que non pagaban por dito imposto, a administración local abre un prazo dun mes para regularizar os locais e vivendas que estean sen tributar.
Durante este prazo, as persoas que estean nalgún destes supostos poderán dirixirse ás oficinas municipais, no seu horario habitual de atención ao público, para regularizar a súa situación.