Aprázase o VI Encontro de Maiores de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda informou esta mañá de que o VI Encontro de Maiores da localidade, previsto para este venres, 22 de novembro, queda aprazado para vindeiras datas. Segundo explica a Concellería de Servizos Sociais, promotora da cita, a coincidencia no tempo con outras citas como a conmemoración do Día da Música, cos concertos da Tuna de Veteranos da Coruña e máis a Agrupación Lucero del Alba, fixo mermar considerablemente o número de maiores inscritos no Encontro, co que o Concello optou por aplazar o evento e celebralo máis adiante. Unha vez se fixe nova data, Servizos Sociais informará convenientemente.

19 de novembro de 2013 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.