Apertura do prazo de inscripción para o curso de manipulador de alimentos en Nigrán
A Concellería de Promoción empresarial, Comercio e Emprego do Concello de Nigrán, rematando a programación formativa do ano 2013, ten prevista a realización dunha segunda edición do curso necesario para a obtención do carné de Manipulación de Alimentos, dirixido de forma prioritaria a persoas desempregadas e empadroadas Nigrán, unha acreditación oficial imprescindible para traballar no sector da hostalería, de tanta importancia neste municipio.
A Concellería cofinanciará esta titulación, de tal xeito que os alumnos seleccionados só deberán aboar un total de 10€ no momento de inicio do curso.
Esta acción formativa se impartirá nas instalacións municipais do Centro Antena Municipal (Rúa Otero Pedrayo, nº 52), o 18 de decembro, en horario das 17:00 a 20:00, estando aberto o prazo de inscricións do 25 de novembro ao 13 de decembro e poñendo a disposición dos veciños de Nigrán un total de 35 prazas.
As persoas interesadas en participar terán que presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal, cubrindo unha instancia que estará a súa disposición no propio Rexistro, no Centro Antena Municipal, e no Departamento de Emprego de Nigrán e na páxina web do concello www.nigran.org
Para ampliar esta información, poden contactar co Centro Antena no teléfono 986 366 572 e co Departamento de Emprego, no 986 365 000, extensión 4, ou formular as súas preguntas a través dos correos electrónicos centroantena@nigran.org, orlaboral@nigran.org e tle.nigran@nigran.org.











