Apertura do prazo de inscrición para participar nos talleres de memoria e ximnasia terapéutica en Cedeira
O Concello de Cedeira, a través da súa Concellaría de Servizos Sociais, anuncia a apertura do prazo de inscrición para participar nos Talleres de Memoria e nas sesións de Ximnasia Terapéutica que poñerá en marcha. Ambas as dúas actividades están dirixidas ás persoas maiores do municipio e son completamente gratuítas.
Para anotarse, as persoas interesadas deben acudir ás oficinas de Servicios Sociais, situadas no Centro Sociocultural, de luns a venres entre as 10 e 13 horas. O prazo permanecerá aberto ata o próximo venres, 15 de novembro.
Unha vez pechado, e en función da demanda, o Concello definirá os grupos e horarios das actividades. Por outra parte, recordar que permanece aberto o prazo para participar na viaxe que organiza Servizos Sociais ás localidades portuguesas de Caminha e Valença do Minho para o día 4 de decembro. A inscrición debe formalizarse na cafetaría do Auditorio ou chamando ao teléfono 650 779 862











