Apertura do prazo de inscrición para o Taller de Iniciación de Composición Musical
O Concello da Coruña informa de que está aberto o prazo de inscrición para participar no Taller de Iniciación de Composición Musical que se celebrará do próximo 16 novembro ao 1 de marzo de 2014 no centro cívico municipal Dos mallos, dentro dos Sábados Cívicos.
O taller, que se celebrará os sábados de 17.30 a 20.30 horas, diríxese a todos os que estean interesados na música e na composición musical. O prazo para inscribirse finaliza o 14 de novembro. Hai un total de 20 prazas e o prezo é de 11,61 euros.











