Apertura da inscrición para os cursos de formación cos empresarios do Polígono do Tambre

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

A Concellería de Economía abre a inscrición aos cursos de formación continua, que se deseñaron en colaboración cos empresarios do Polígono do Tambre. Os cursos ofertados para este ano 2013 son: Primeiros Auxilios, Renovación de Lexionela, Programación de Actividades Lúdicas, Xestión de Equipos de Traballo, Condutos de Carretas Elevadoras e Finanzas para non Financeiros. O Plan de Formación Continua está dirixido a empresarios, traballadores en activo e emprendedores do tecido empresarial de Santiago. Terán preferencia os empresarios e os traballadores de empresas asociadas á Asociación Área Empresarial do Tambre. Os cursos desenvolveranse a finais de novembro e na primeira quincena de decembro. A inscrición pode facerse a través da web do Cersia Empresa.

O Plan de Formación Continua deseñouse en colaboración coa Asociación Área Empresarial do Tambre, cofinanciado pola Deputación da Coruña, dentro do programa Santiago Investors Support.

11 de novembro de 2013 | 16:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.