Andaina Saudable Eurocidade – “Trilho Castelo da Furna”
Este sábado, 9 de novembro, terá lugar unha nova edición das andainas saudables da Eurocidade 2013, “Trilho do Castelo da Furna” en Valença, organizada pola Eurocidade Valença-Tui.
Este trillo terá o seu inicio ás 10.00 horas españolas, dende o punto de encontro na Igrexa Matriz de Taião (Valença), tendo un percorrido de 13 quilómetros, cunha duración aproximada de catro horas e media, sendo a dificultade moderada. Para todos aqueles que non coñezan o punto de encontro quedarase ás 09.45 horas españolas no aparcamento do Lidl de Valença.











