Amplíase o prazo para inscribirse no curso de inglés para hostalería e turismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O Concello de Nigrán amplía o prazo para inscribirse no curso de inglés para a hostalaría e o turismo, organizado a través da OMIX, cunha oferta de 15 prazas, dirixido a mozos de entre 18 e 35 anos empadroados en Nigrán, preferentemente en situación de desemprego. O curso, cunha duración de 60 horas, impartirase entre o 28 de novembro e o 18 de decembro, de luns a venres, de 16.30 a 20.30 horas, de luns a venres.

Para máis información e inscricións contactar co Centro de Información á Muller, na Estrada pola Vía número 65, no teléfono 986 383 081 ou a través do correo electrónico cim@nigran.org.

26 de novembro de 2013 | 11:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.