Ames percibe 70.000 euros da Deputación para dotar de gradas cubertas ao campo de fútbol de Milladoiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAmes
A-
A+
Sinatura do convenio de colaboración

Sinatura do convenio de colaboración

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinou co alcalde de Ames, Santiago Amor, o convenio de colaboración entre as dúas administracións para executar as obras de dotación de gradas cubertas ao campo de fútbol de Milladoiro.

Este proxecto ten un orzamento total de 91.536,56 euros, dos que a institución provincial achegará o 80%, asumindo un custe de 73.229,25 euros

Pola súa banda, o alcalde agradeceu o compromiso da Deputación e destacou a importancia dun investimento que “pemitirá subsanar unha importante carencia que tiña esta infraestrutura e que os clubes deportivos demandaban desde o día da súa inauguración”.

O obxectivo do convenio é a construción dunha gradaría cuberta no linde de poñente do campo de fútbol, incorporando un espazo reservado para cantina, aseos e almacén.

11 de novembro de 2013 | 13:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.