Ames impartirá o obradoiro “Merca con seguridade” os días 23 e 30 de novembro
A programación de actividades da Aula da Natureza continúa os sábados 23 e 30 de novembro co obradoiro ‘Merca con seguridade. Do mar á mesa sen sorpresas’. Esta actividade está dirixida ao público adulto e desenvolverase en horario de mañá, de 11:30 h a 13:30 horas. Neste obradoiro os participantes aprenderán a diferenciar o peixe e o marisco que se consume con maior frecuencia. Deste xeito, coñecerán as características que indican o grao de frescura do peixe e marisco, así como diferentes recomendacións para a conservación destes produtos. Para inscribirse nesta actividade hai que chamar ao número de teléfono 660 004 665 ou enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.org antes do venres 22 de novembro, ás 14:00 horas.
Este sábado, 23 de novembro, continúa a programación de actividades da Aula da Natureza cun obradoiro denominado ‘Merca con seguridade. Do mar á mesa sen sorpresas’. Esta actividade, que está dirixida ao público adulto, desenvolverase os sábados 23 e 30 de novembro en horario de mañá, entre as 11:30 h e as 13:30 horas. Nesta nova actividade os participantes aprenderán a diferenciar o peixe e o marisco que se consume con maior frecuencia. Polo tanto, impartiranse varias nocións sobre o peixe e o marisco que máis se vende nos mercados galegos.
A coordinadora da Aula da Natureza, que será a encargada de impartir este obradoiro, explicaralle a todos os participantes as características que indican o distinto grao de frescura que presenta o peixe e o marisco. Ademais, aprenderán a distinguir entre o marisco galego e aquel que é foráneo. As nocións impartidas neste obradoiro poden resultar moi útiles de cara as festas de Nadal, xa que esta é unha das épocas do ano nas que maior consumo se fai de peixe e marisco. Por outra banda, falarase das toxinas e parasitos que poden afectar ao marisco e que provocan que estes produtos non sexan aptos para o consumo alimenticio. Por último, daranse unha serie de recomendacións para conservar o peixe e o marisco.
Para este obradoiro ofértanse un total de 50 prazas. Para realizar as inscricións ou ampliar calquera outra información sobre esta actividade poden poñerse en contacto co Concello de Ames a través do correo electrónico auladanatureza@concellodeames.org e do número de teléfono 660 004 665. As inscricións haberá que realizalas antes das 14:00 horas do vindeiro venres 22 de novembro.











