Alumnado e profesorado do colexio Castelao celebra un magosto popular

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

O colexio Castelao, no Concello de Ordes, celebrou hoxe un gran magosto no que participaron todos os alumnos e alumnas do centro ademais dos profesores e profesoras. O encargado de preparar as castañas foi o popular Bieito, moi coñecido no Concello,  que acudiu co seu carriño asador. Tamén se serviu un chocolate quente que a moitos lles valeu para coller forzas de cara aos múltiples xogos e xincanas que se disputaron, e nos que as castañas eran un elemento indispensable para poder levalos a cabo.

14 de novembro de 2013 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.