Allariz inicia un plan de axuste do gasto enerxético municipal apagando o 50% das luces do concello
Ante as continuas subas do prezo da luz, ata alcanzar un gasto anual de 500.000€ no Concello de Allariz, levaron ao Alcalde Francisco García a tomar a decisión de apagar o 50% das luces do concello. A medida, que xa se está a levar a cabo na vila, na rúa Emilia Pardo Bazán o una estrada de Xunqueira, continuará tamén co apagado do 50% dos focos nos pobos alaricanos.
Esta medida forma parte dun plan de axuste do gasto enerxético municipal desenvolvido nos últimos meses nos 92 núcleos de poboación. Nos últimos anos aplicáronse múltiples iniciativas para tratar de reducir o consumo de enerxía eléctrica, coa instalación dun sistema de dobre nivel en todo o municipio que a partir das 00,00horas reduce o 50% do consumo, o apagado da iluminación en monumentos, o control informático dalgúns cadros de maior consumo ou a supresión do alumeado en festas.
O apagado de parte da luminaria municipal permitirá un aforro de 250.000€ que serán destinados a outras funcións sociais, deportivas ou culturais que o Concello atende para manter a calidade de vida dos veciños e veciñas.











