Algúns tramites do SEPE poderanse facer a través de internet
O Servizo Publico de Empleo Estatal púxose en contacto co concello de Marin, para invitalo a colaborar co SEPE para que ás persoas que reisden nos seus concellos se lles ofreza a posibilidade de tramitación e información obtida de forma gratuíta a través da paxina web: sepe.es, facilitando con iso que as presonas residentes en Marín accedan aos seus datos de prestaciónes por desemprego, que poidan cambiar a conta bancaria do cobramento do seu dereito, presentar a declaración anual de rendas nos subsidios de maior de 55 anos, ou ben se desexan algún certificado, tanto se é de cantidades percibidas en concepto de prestación por desemprego, subsidio ou renda activa de inserción, de períodos recoñecidos en concepto de desemprego, ou que se certifique que non percibiron prestación algunha nun determinado período, asi como todo tipo de inforamción acerca dos diferentes tipos de prestacións e subsidios existentes na nosa carta de servizos de paxínaa web no apartado de prestacións por desemprego.
As persoas interesadas teñen que enviar un correo electrónico ao seguinte correo electronico: pontevedra.dp@sepe.es, co seu nome, domicilio completo con codigo postal ou correo electronico (preferiblemente) e firma do interesado.
Unha vez recibida a petición, dende o noso Organismo e coa maior présa posible remitirase un escrito, ao correo electronico indicado pola persoa interesada, que contendra o numero de usuario e contrasinal necesario para operar a traves de internet en paxínaa web do SEPE.











