Afeccións no tráfico por obras en varias rúas coruñesas
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Tráfico, informa das seguintes afeccións:
– Despregamento de cable de Fibra óptica (FTTH) na Avenida Finisterre.
Entre as 9 horas, de mañá xoves 7, e as 19 horas, do venres 8, será necesaria a ocupación do carril esquerdo en dirección Meicende, na Avenida de Finisterre, entre a Rolda de Outeiro e a rúa Newton.
-Recolocación de armario regulador semafórico en Rolda de Nelle.
Mañá, 7 de novembro, entre as 09.30 e as 18.30 horas, será necesario o corte de funcionamento semafórico na confluencia da Rolda de Nelle con Gil Vicente e na Rolda de Nelle con Vila de Negreira.
Haberá presenza policial para a regulación do tráfico.











